Viaxo
Vivo unha historia

Quero "sentir"

Vexo o mundo doutra cor
O meu espacio é importante

Non existe nada ao meu arredor


Comparto as vivencias cos meus compañeiros de viaxe polo mundo dos soños, un mundo no que son un heroe, son unha princesa, convertínme nun planeta con aneis, son un boneco de madeira, un gato con enormes botas,... Teño un amigo na man que me leva a onde eu quero ir , que me fai rir cando estou triste, que me conta contos cando me sinto triste, que me fai compaña cando me sinto só. Teño un libro na man.